Información legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB www.alercedecor.es

Araceli Núñez Ramos Agrupación de Interés Económico (a seguir Alerce) con domicilio en Alvaro Cunqueiro, 4 - Entresuelo C con CIF 10074488M representada por Araceli Núñez Ramos con NIF 10074488M pon a disposición no seu sitio web www.alercedecor.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.


As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Alerce por parte dos USUARIOS que acedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web www.alercedecor.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se producise esta aceptación.

Araceli Núñez Ramos Agrupación de Interés Económico está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña


O aceso ao sitio web de Alerce implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que nel se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respetar en todo momento as presentes condicións xerais.


PRIMEIRA.-
O sitio web de Alerce foi realizado por un lado, coa fin de pór a disposición de terceiros información sobre as súas actividades e por outro, pór a disposición dos usuarios a posibilidade de contactar con Alerce para solicitar información adicional.


SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACESO E USO

2.1.- A utilización do sitio web de Alerce non implica a obrigatoriedade de inscripción do USUARIO, a non ser que este USUARIO queira utilizar a base de datos de artigos existentes en www.alercedecor.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. Esta suscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de aceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Están prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente Alerce prohíbe os seguintes:

2.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de Alerce ou a terceiros.

2.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spamming") ou o envío de grandes mensaxes coa fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

2.1.3.- Alerce poderá interromper en calquera momento o aceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais -ver cláusula quinta.

TERCEIRA.- CONTIDOS
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
3.1.- Alerce utilizando fontes internas e externas de tal modo que Alerce só se fai responsábel polos contidos elaborados de forma interna.


3.2.- Alerce resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

CUARTA.- RESPONSABILIDADE.-

4.1.- Alerce en ningún caso será responsábel de:

4.1.1.- Os erros e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.

4.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.

4.1.3.- Das condicións ou características dos artigos que se ofertan no sitio web.
Alerce simplemente pon en contacto a empresas e profesionais que ofertan ou demandan estes artigos pero non se responsabiliza das negociacións ou acordos posteriores que realicen estas empresas ou profesionais quedando única e exclusivamente a boa marcha da compravenda en mans destes usuarios.

4.2.- Alerce resérvase o dereito a suspender o aceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal até o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. Ademais, Alerce colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento certo de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.


4.3.- Alerce asume as responsabilidades que poidan derivarse da prestación dos servizos que ofrece nos límites e tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que se poñen a disposición do USUARIO.


QUINTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.-
Alerce informa que o sitio web www.alercedecor.es, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web está plenamente protexido polos dereitos de autor, estando expresamente prohibida toda reproducción, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentemento expreso de Alerce.

Alerce utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece links o hiperligazóns a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referencias referidas.


SEXTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICÁBEL.-
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derivar das presentes condicións xerais os Xulgados de A Coruña renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese
corresponderlle.


SÉPTIMA.-
No caso de que calquera cláusula do presente documento fose declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Alerce poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidas neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Alerce.

 
     
     
     
     
 
   
   
 
 
 
 
 
 
 
   
 
 
   
(c)2007 Alerce Decoración
Contacto | Información Legal | Créditos